Versión en castellano
Inicio Novas Comeza en Frades a segunda edición do Curso de Poda e Enxertos con 19 veciños e veciñas inscritos
Comeza en Frades a segunda edición do Curso de Poda e Enxertos con 19 veciños e veciñas inscritos
Mércores, 15 Febreiro 2017 16:17
CursoPodaFrades2webUn total de 19 veciños e veciñas de Frades participan na segunda edición do Curso de Poda e Enxertos, que se desenvolverá ao longo dos próximos sábados dos meses de febreiro e marzo. Un curso de 28 horas de duración (20 prácticas e 8 teóricas) no que o alumnado aprenderá técnicas de poda de especies froiteiras, ornamentais e forestais, así como os distintos métodos de propagación/multiplicación de prantas: sementes, enxertos, estaquillado, acodo, etc.