Versión en castellano
Inicio Novas O Concello de Frades convoca un curso de condución de carretilla de 20 horas lectivas
O Concello de Frades convoca un curso de condución de carretilla de 20 horas lectivas
Xoves, 09 Marzo 2017 00:00

O Concello de Frades organiza un curso de condución de carretilla, dirixido a persoas que desexen formarse para traballar como operadores de carretilla de manutención ata 10.000 kg. Un curso de 20 horas presenciais que será impartido de acordo á Normativa UNE 58451:2016, polo que o alumnado estará capacitado para traballar con carretillas tipo 3 (portapalés, empiladores...) e tipo 4 (carretillas elevadoras).


O curso será impartido en dous venres e sábados do mes de abril, en horario de 16:00 a 21:00 horas (venres) e de 9:00 a 14:00 horas (sábados). O prezo do curso é de 140 euros e aqueles alumnos e alumnas que o superen recibirán un diploma acreditativo de superar a formación segundo a UNE 58451:2016. Máis información e inscricións no Concello de Frades ou no 981 695 567.

 

Contido do curso

 

No curso, o alumnado coñecerá as modalidades, condicionantes e riscos asociados ás distintas operacións de manipulacións de cargas do seu traballo de acordo cos equipos usados e as contornas de traballo nas que se opera de forma máis habitual. Unha formación que os capacitará para efectuar o seu traballo sen poñer en risco nin a súa propia persoa, nin as persoas da súa contorna, nin as cargas que manexa ou as instalacións nas que opera.

 

O curso conta con 20 horas lectivas, dez teóricas e outras dez prácticas. Nestas últimas, o alumnado traballará con empiladores e carretillas para practicar tanto as manobras sen carga como as operacións de carga e carga de camións, o empilado ou o retirado de cargas en superficie libre, entre outras.