Versión en castellano
Inicio Novas Uns 65 veciños e veciñas participaron nos Obradoiros de Pascua do Concello de Frades
Uns 65 veciños e veciñas participaron nos Obradoiros de Pascua do Concello de Frades
Luns, 17 Abril 2017 00:00

ObradoirosPascuawebUn total de 65 veciños e veciñas de Frades, na súa maioría nenos e nenas, participaron nos Obradoiros de Pascua organizados polo Concello de Frades a través de Vagalume Ocio e Tempo Libre. Unha xornada de asistencia totalmente gratuíta no multiúsos de Frades na que os pequenos desfrutaron coa actuación do Pallaso Popin, que lles ofreceu un espectáculo humorístico cheo de ocorrencias, descaro e interacción co público. Máis tarde, os pequenos participaron nuns Obradoiros de Pascua e unha merenda con chocolate. Os obradoiros estiveron presididos polo concelleiro de Cultura, Miguel Prado Cea. Máis fotos no noso Facebook.