Versión en castellano
Inicio Novas A III Gala de Patinaxe Concello de Frades reuniu a 120 patinadoras das escolas de Cerceda, Curtis, Frades e Mesía
A III Gala de Patinaxe Concello de Frades reuniu a 120 patinadoras das escolas de Cerceda, Curtis, Frades e Mesía
Luns, 24 Abril 2017 00:00
GalaPatinaxeFradeswebA terceira edición da Gala de Patinaxe Concello de Frades reuniu esta fin de semana a un total de 120 patinadoras das escolas municipais de Cerceda, Curtis, Frades e Mesía. Un evento que encheu de público o pavillón polideportivo de Ponte Carreira, que aplaudiron as exhibicións realizadas polas patinadoras nas que amosaron tanto os coñecementos adquiridos ao longo do curso como o nivel acadado. Máis fotos no Facebook.