Versión en castellano
Inicio Novas O Xuventude proclámase campión da XI Liga Local de Fútbol Sala do Concello de Frades
O Xuventude proclámase campión da XI Liga Local de Fútbol Sala do Concello de Frades
Xoves, 04 Maio 2017 00:00

XuventudeeFinalistawebO equipo do Xuventude de Frades proclamouse campión da XI Liga Municipal de Fútbol Sala de Frades 2017 logo de vencer na quenda de penaltis ao conxunto do Gafoiaiazo. Unha igualdade reflexo do parella que foi a liga regular fradense deste ano, na que por primeira vez os tres primeiros clasificados quedaron empatados a 12 puntos e houbo que recorrer á diferenza de goles para decidir a clasificación final.


O pavillón municipal de deportes de Ponte Carreira acolleu na noite de onte mércores a gran final, na que tanto os xogadores do Xuventude de Frades como os de Gafoiaiazo amosaron a igualdade rexistrada durante todo o campionato, rematando o partido cun empate a tres goles. Despois houbo que lanzar ata 6 penaltis por cada equipo para decidir o campión, o Xuventude Frades, que recupera o título conseguido en 2012 e 2015. Ademais, representará ao Concello de Frades no Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala, que se xogará o sábado 27 de maio en Ordes.

 

O alcalde de Frades, Roberto Rey, foi o encargado de facer entrega dos premios aos tres primeiros clasificados do torneo: Xuventude Frades, Gafoiaiazo e Paboi. Ademais, entregou os trofeos ao porteiro menos goleado (Pablo, do Paboi), con só 8 goles encaixados e ao máximo goleador, Santi Mandayo (Xuventude Frades), con 13 tantos.

 

A clasificación final da XI Liga Municipal de Fútbol Sala de Frades 2017 queda do seguinte xeito:

1- Xuventude Frades

2- Gafoiaiazo

3- Paboi

4- Ponte Carreira

5- Ledoira

6- Combinado