Versión en castellano
Inicio Novas Veciños e veciñas de Frades superan o curso de condutor de carretilla, de 20 horas lectivas
Veciños e veciñas de Frades superan o curso de condutor de carretilla, de 20 horas lectivas
Luns, 08 Maio 2017 13:22

CursoCarretilleroFradeswebUnha vintena de veciños e veciñas de Frades superaron o curso de condutor de carretilla organizado polo Concello de Frades e que os faculta para traballar como operadores de carretilla de manutención ata 10.000 kg. O curso, de 20 horas teóricas e prácticas, foi impartido por Recursos Consultoría & Formación de acordo á Normativa UNE 58451:2016, polo que o alumnado estará capacitado para traballar con carretillas tipo 3 (transpaletas, apiladores...) e tipo 4 (carretillas elevadoras).


Os concelleiros de Medio Rural, Manuel Ferreiro Marzoa, e Medio Ambiente, Juan Carlos Portos Bra, felicitaron aos alumnos e alumnas polo seu esforzo, xa que recibirán un diploma acreditativo de ter superado a formación segundo a UNE 58451:2016. Un acto que tivo lugar na Cooperativa Central de Frades, onde tiveron lugar as dez horas de clases prácticas. Unhas clases nas que os alumnos e alumnas traballaron con apiladores e carretillas, coas que practicaron tanto as manobras sen carga como as operacións de carga e descarga de camións, o apilado e o retirado de cargas en superficie libre, entre outras.