Versión en castellano
Inicio Novas Concerto didáctico do grupo de gaitas Os Viqueiras de Ordes para un centenar de nenos e nenas do CPI Ponte Carreira de Frades
Concerto didáctico do grupo de gaitas Os Viqueiras de Ordes para un centenar de nenos e nenas do CPI Ponte Carreira de Frades
Martes, 23 Maio 2017 00:00

ConcertoDidacticowebO grupo de gaitas Os Viqueiras de Ordes ofreceu un concerto didáctico para máis cun cento de nenos e nenas do CPI Ponte Carreira. Unha actuación incluída dentro do programa especial das Letras Galegas elaborado polo Concello de Ordes para homenaxear a Carlos Casares durante este mes de maio.


Dous dos membros do grupo ordense ensinaron aos máis pequenos e pequenas o son dos distintos instrumentos para rematar cun pequeno concerto no que participou tamén gran parte do alumnado presente. Para este venres 26 de maio está previsto un novo concerto didáctico, “O son que me arrola”, ofrecido polo asociación socioeducativa Antonio Gandoy para os nenos e nenas de preescolar e infantil do CPI Ponte Carreira. Unha actuación coa que se pechará o programa especial das Letras Galegas do Concello de Frades.