Versión en castellano
Inicio Novas Enma Argibay, das EDM do Concello de Frades, proclámase subcampioa provincial infantil dos 3.000 metros femininos
Enma Argibay, das EDM do Concello de Frades, proclámase subcampioa provincial infantil dos 3.000 metros femininos
Xoves, 25 Maio 2017 00:00

argibaysegundawebEnma Argibay Domínguez, das Escolas Deportivas Municipais do Concello de Frades, proclamouse subcampioa provincial infantil dos 3.000 metros femininos no Campionato Provincial Escolar en Pista, organizado pola Federación Galega de Atletismo e disputado o pasado sábado 20 de maio na Pobra do Caramiñal. A pesar de ir liderando a proba en todo momento, Enma Argibay foi superada nos últimos metros por Xiana Valiño Rodríguez, do Club Atletismo Sada. Completou o podio Lea Mota Camino, do Atletismo Fontes do Sar.

 

E iso a pesar de que a atleta de Frades fixo un tempo de 11 minutos e 50 segundos, mellorando en 6 segundos a súa anterior marca coa que conseguira a vitoria nas Xornadas de Atletismo que tiveron lugar en Ribeira. Tras este éxito deportivo, a atleta fradense está á espera da confirmación da data de celebración do Campionato de Galicia.