Versión en castellano
Inicio Novas Varios centos de persoas participan no acto de clausura das escolas culturais e deportivas do Concello de Frades
Varios centos de persoas participan no acto de clausura das escolas culturais e deportivas do Concello de Frades
Martes, 06 Xuño 2017 00:00

ClausuraEscolasDeportivaswebO Concello de Frades celebrou este domingo a clausura das súas escolas deportivas e culturais municipais cunha gran festa á que acudiron numerosos veciños e veciñas. O programa comezou coa representación de "As vodas da pulga e o piollo" a cargo do grupo infantil de teatro, no salón de actos do CPI Ponte Carreira. Máis fotos e vídeos no noso Facebook.


Acto seguido tiveron lugar as distintas exhibicións deportivas, que comezaron cun divertido partido de fútbol sala entre pais e nais contra os benxamíns-alevíns. Despois chegaron as exhibicións de pilates, zumba, zumba kids e das escolas de patinaxe. Tras un obradoiro de chaveiros, o alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, e o concelleiro de Deportes, Miguel Prado Cea, fixeron entrega dos correspondentes diplomas acreditativos a todas as persoas participantes. O acto rematou cunha merenda para todas as persoas presentes.