Versión en castellano
Inicio Novas Vinte veciñas de Frades participaron nun curso gratuíto de Repostería Creativa impartido en Galegos pola ONG Mestura
Vinte veciñas de Frades participaron nun curso gratuíto de Repostería Creativa impartido en Galegos pola ONG Mestura
Luns, 26 Xuño 2017 12:52

ReposteriaFradeswebUn grupo de vinte veciñas de Frades participou durante o último mes nun curso gratuíto de Repostería Creativa, unha iniciativa formativa enmarcada no Programa Neneiras 2016-2017. Durante as 30 horas lectivas do curso, estas veciñas elaboraron cupcakes, cake pops, galletas de avea, tarta red velvet, carrot cake, melindres… e outros deliciosos doces na cociña do centro social de Galegos.


O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, foi o encargado de clausurar esta iniciativa, cofinanciada pola Unión Europea a través do Programa Operativo Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020 e que foi impartida pola ONG Mestura, en colaboración co Concello de Frades e a Xunta de Galicia.