Versión en castellano
Inicio Novas O Concello de Frades organiza unha ruta de sendeirismo polos cantís de Loiba (Ortigueira) para o domingo 23 de xullo
O Concello de Frades organiza unha ruta de sendeirismo polos cantís de Loiba (Ortigueira) para o domingo 23 de xullo
Xoves, 13 Xullo 2017 00:00

O Concello de Frades organiza unha ruta de sendeirismo polos cantís de Loiba (Ortigueira), que terá lugar o domingo 23 de xullo. Unha iniciativa dirixida a veciños e veciñas do municipio, maiores de 14 anos, que farán un percorrido por lugares de gran beleza paisaxística tales como a praia do Carro, o miradoiro da Pedra Furada, a praia de Sarridal, o miradoiro do Coitelo (a carón do que din que é o banco coas vistas máis bonitas do mundo), o cabo Ortegal e ata a praia de Estaca de Bares.


As inscricións estarán abertas ata o mércores 19 de xullo no Concello de Frades: 918 695 567 ou 981 695 663. O prezo é de 10 euros e inclúe o desprazamento ata Ortigueira, pero non o xantar, que terá que ser levado por cada participante. Así mesmo, o Concello de Frades recomenda levar botas de sendeirismo ou calzado deportivo, roupa cómoda, protector solar, mochila con auga e algo para comer a media mañá.