Versión en castellano
Inicio Novas A praza pública de Ponte Carreira (Frades) acolle mañá venres a proxección da película “A última viaxe do afiador”
A praza pública de Ponte Carreira (Frades) acolle mañá venres a proxección da película “A última viaxe do afiador”
Xoves, 13 Xullo 2017 00:00

A praza pública de Ponte Carreira (Frades) acollerá mañá venres 14 de xullo a proxección da película “A última viaxe do afiador”, unha noite de cine organizada polo Concello de Frades en colaboración coa Deputación da Coruña e Boneca Lareta. A película proxectarase a partir das 21:30 horas pero previamente, dende as 20:30 horas, terá lugar unha exposición de rodas de afiar. A participación é totalmente libre e de balde.


A través de “A última viaxe do afiador”, longametraxe documental dirixida por Aitor Rei e producida por Boneca Lareta, e da exposición de rodas de afiar, o Concello de Frades busca achegar o noso patrimonio cultural e etnográfico a toda a súa veciñanza.