Versión en castellano
Inicio Novas Aberta a inscrición para participar no programa Galeuropa
Aberta a inscrición para participar no programa Galeuropa
Xoves, 20 Xullo 2017 12:26

A Mancomunidade de Ordes manterá aberto dende este venres 21 de xullo ata o vindeiro 4 de agosto o prazo para inscribirse no Programa Mobilidade Transnacional Xuvenil Galeuropa 2017.

 

En total ofértanse 20 prazas para mozos e mozas entre os 18 e os 30 anos para estancias de dous meses en Italia (5), Reino Unido (10) e Portugal (5), tendo cubertos todos os gastos relacionados co desprazamento, a manutención e o aloxamento. Inclúense tamén prácticas en empresas de diversos sectores e apoio lingüístico personalizado.

 

A ficha de inscrición deberá entregarse no Rexistro Xeral da Mancomunidade de Ordes, achegando toda a documentación que establecen as bases. Entre os requisitos esixidos figura a necesidade de estar inscrito no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma.

 

Outros criterios de puntuación serán o empadroamento nalgún dos municipios da comarca, a idade, os resultados do test de motivación que se deberá completar, estar en risco de exclusión social ou ser muller vítima de malos tratos. O documento pode obterse na páxina web da Mancomunidade: http://www.mancomunidadeordes.gal/servicios/galeuropa-2017-7009.html.