Versión en castellano
Inicio Novas Vinte e cinco nenos e nenas participan nos campamentos municipais de verán
Vinte e cinco nenos e nenas participan nos campamentos municipais de verán
Mércores, 26 Xullo 2017 08:47
20170726_campamentosfrades_1

Vinte e cinco nenos e nenas participan ata o 12 de agosto nos campamentos municipais de verán do Concello de Frades. As actividades desenvólvense en horario matinal, entre as 9:30 e as 13:30 horas, nas instalacións do CPI Ponte Carreira e puntualmente na piscina municipal en Papucín, no campo de fútbol en Abellá ou no edificio multiusos.

O programa, que comezou a principios de xullo, pretende facilitarlles ás familias de Frades a conciliación da súa vida laboral coas vacacións escolares. Os cativos, maiores de catro anos, participan en xogos, obradoiros de manualidades, clases de cociña, exercicios de xardinería, actividades de sendeirismo, sesións de música e baile, saídas á piscina ou a xincana lingüística organizada pola Mancomunidade de Ordes.