Versión en castellano
Inicio Novas O Concello entrega máis de 3.000 euros en bolsas para material e transporte escolar
O Concello entrega máis de 3.000 euros en bolsas para material e transporte escolar
Martes, 01 Agosto 2017 09:42

O Concello de Frades entregou máis de 3.000 euros en bolsas para material e transporte escolar. A convocatoria municipal beneficia a 41 alumnos e alumnas do municipio. As axudas foron entregadas polo alcalde, Roberto Rey, e polo concelleiro de Ensino, Manuel Ferreiro.

O alcalde explicou que as bolsas municipais “pretenden axudar ás familias con maiores dificultades económicas, de maneira que teñan as menores dificultades posibles para que os seus fillos e fillas poidan cursar os seus estudos”. Rey sinalou como unha das prioridades do seu goberno o apoio ás persoas con menos recursos e anticipou que en vindeiras convocatorias o Concello estuda a posibilidade de incrementar as axudas.

 

A subvención para transporte escolar foi convocada para alumnado de Bacharelato ou de Formación Profesional (grao medio), cunha contía de 150 euros por cada solicitude atendida. As axudas para a adquisición de material escolar dirixíronse a nenos e nenas de Primaria e de Secundaria, cunha contía de 70 euros por estudante e curso.

 

Como condicións esenciais para solicitar estas axudas, o Concello de Frades estableceu que as persoas beneficiarias estean empadroadas no municipio, que acrediten que cursan os estudos para os que presentan a súa petición e que a familia estea ao día no pago das súas obrigas tributarias.