Versión en castellano
Inicio Novas Un total de 59 veciños de Frades participaron nunha excursión á vila de Allariz
Un total de 59 veciños de Frades participaron nunha excursión á vila de Allariz
Mércores, 02 Agosto 2017 08:55

Un grupo de 59 veciños do Concello de Frades participou a pasada fin de semana nunha excursión á vila de Allariz. Unha xornada na que os asistentes estiveron acompañados polo alcalde, Roberto Rey, e os concelleiros Carlos Portos e Jesús Francos.

 

 

Durante esta actividade, os participantes puideron gozar do Festival Internacional de Xardíns, ademais de percorrer o paseo polo río Arnoia e visitar o Museo do Xoguete. Xa pola tarde, o grupo de veciños de Frades trasladouse á aldea de San Lorenzo, onde a Fundación ANDREA recupera e acolle burros/as de toda Galicia. Dende o ente explicaron como os utilizan estes animais para levar a cabo terapias para persoas sen ou con algún tipo de discapacidade.

Esta iniciativa, organizada dende o Concello de Frades, inclúese dentro do Programa de Verán municipal. Entre as accións desenvolvidas nestes meses estivais contémplanse varias excursións e actividades ao aire libre.