Versión en castellano
Inicio Novas Máis de sesenta veciños e veciñas participan no Día da Bicicleta do Concello de Frades
Máis de sesenta veciños e veciñas participan no Día da Bicicleta do Concello de Frades
Martes, 29 Agosto 2017 00:00

DiaBiciFrades2017webMáis de sesenta veciños e veciñas participaron no Día da Bicicleta 2017 do Concello de Frades, celebrada esta pasada fin de semana. Os participantes tiveron ocasión de percorrer dous itinerarios diferentes, adaptados ás súas idades: un de 13 quilómetros de lonxitude para persoas maiores de 8 anos e outro de 3,5 quilómetros para os nenos e as nenas.


Os dous grupos partiron da Praza da Ponte Carreira e estiveron acompañados durante o seu percorrido por membros de Protección Civil de Ordes. Os afeccionados ao ciclismo pasaron por puntos do municipio como o colexio da Ponte Carreira, as pistas que bordean a canteira da empresa Erimsa, Vitre, Augas Santas, pistas da concentración parcelaria e de novo a Praza da Ponte Carreira. A ruta curta tivo a mesma saída e foi ata a vella cooperativa, Ledoira, O Mesón e de novo a praza.

 

Ao final dos percorridos houbo bebida, froita e un sorteo de material de ciclismo entre todas as persoas que participaron. Unha xornada que contou coa participación dos concelleiros de Deportes, Jesús Miguel Prado Cea; e de Medio Ambiente, Juan Carlos Portos Bra; así como o técnico deportivo municipal, Lino Espiñeira.