Versión en castellano
Inicio Novas O Concello de Frades convoca o seu segundo curso de plantas aromáticas e medicinais
O Concello de Frades convoca o seu segundo curso de plantas aromáticas e medicinais
Luns, 21 Agosto 2017 00:00

plantasaromaticas2017webO Concello de Frades convoca a segunda edición do seu curso de plantas aromáticas e medicinais. As clases desenvolveranse no edificio multiusos municipal. Terán unha duración de dezaseis horas en total e impartiranse os sábados pola mañá, de 10:00 a 14:00 horas.


O comezo do curso está previsto para o mes de setembro, en canto se reúna o número de participantes necesario. O grupo terá que contar cun mínimo de vinte persoas e un máximo de vinte e cinco. A fase de inscrición xa está aberta. Efectúase acudindo á Casa do Concello (981 69 55 67. O prezo de participación é de 20 euros por persoa.

 

Este curso municipal formará sobre os principios activos, as partes aproveitables, o cultivo, recolección e conservación, e os usos e aplicacións de diversas especies de plantas aromáticas e medicinais, tales como o perexil, o romeu, o ceboliño, a alfádega, a menta, o ourego, a salvia, a lavanda, o tomiño ou a valeriana.