Versión en castellano
Inicio Novas Javier Méndez e Pedro Vieites, campións do IX Campionato de Pádel do Concello de Frades
Javier Méndez e Pedro Vieites, campións do IX Campionato de Pádel do Concello de Frades
Xoves, 14 Setembro 2017 00:00

CampionatoPadel2017webJavier Méndez e Pedro Vieites proclamáronse campións da novena edición do Campionato de Pádel do Concello de Frades, que tivo lugar na pista municipal de Papucín e no que participaron 7 parellas de xogadores. Méndez e Vieites venceron na gran final a Miguel Prado e Ramón de la Fuente por un dobre 6-2. Ambas as parellas recibiron os seus correspondentes trofeos de man do técnico de deportes Lino Espiñeira.


O torneo disputouse baixo o sistema de liga a un set, pasando á seguinte fase os catro mellores. Na primeira semifinal, Miguel Prado e Ramón de la Fuente venceron por 6-4 á parella formada por Juan Carlos e Roberto. Na segunda semifinal, Javier Méndez (subcampión das edicións de 2016 e 2014) e Pedro Vieites (campión da edición 2014) venceron por 6-4 a José Viqueira (campión das edicións de 2016 e 2015) e Mandayo.