Versión en castellano
Inicio Novas Un total de 28 persoas participaron nos cursos de natación do Concello de Frades
Un total de 28 persoas participaron nos cursos de natación do Concello de Frades
Mércores, 06 Setembro 2017 00:00

NatacionFrades2017webUn total de 28 alumnos e alumnas participaron este verán nos Cursos de Natación para nenos e adultos organizados polo Concello de Frades. Unhas clases que tiveron lugar ao longo dos dous últimos meses nas instalacións da piscina municipal de Frades, na parroquia de Papucín.


O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, e o concelleiro de Deportes, Miguel Prado Cea, fixeron entrega dos correspondentes diplomas acreditativos aos participantes na propia piscina municipal.