Versión en castellano
Inicio Novas Unha ducia de veciñas de Frades participou nun curso gratuíto de macramé
Unha ducia de veciñas de Frades participou nun curso gratuíto de macramé
Martes, 19 Setembro 2017 12:03

CursoMacramewebUnha ducia de veciñas de Frades participou nun curso gratuíto de macramé, que tivo lugar no centro social da parroquia de Galegos, a onde acudiu o alcalde de Frades, Roberto Rey, para a súa clausura. Un curso no que as alumnas aprenderon as nocións básicas desta técnica de elaboración de nós decorativos con tecidos.


O curso estivo organizado polo Concello de Frades e a ONG Mestura, que contaron co apoio da Xunta de Galicia e da Unión Europea a través do Fondo Social Europeo. Para facilitar a participación das alumnas, ofreceuse un servizo de coidado de nenos e nenas durante a duración das clases.