Versión en castellano
Inicio Novas Veciños e veciñas de Frades participaron nunha excursión de catro días a Mérida, Sevilla e Córdoba
Veciños e veciñas de Frades participaron nunha excursión de catro días a Mérida, Sevilla e Córdoba
Xoves, 28 Setembro 2017 00:00

ViaxeFradesAndaluciawebUn grupo de 56 veciños e veciñas de Frades participaron nunha excursión de catro días a Mérida, Sevilla e Córdoba. Unha viaxe na que estiveron acompañados por dous guías e polos concelleiros de Maiores, Jesús Francos Sánchez, e Medio Ambiente, Juan Carlos Portos Bra. Mais imaxes no Facebook.


Os veciños e veciñas de Frades visitaron o teatro e anfiteatro de Mérida e fixeron un completo percorrido guiado por Sevilla: a Catedral, a Xiralda, a praza de España, o Mercado de Triana, a Fábrica Santa Ana e o Castelo de San Xorxe. Finalmente, en Córdoba coñeceron o Pazo de Viana, o Museo do Viño de Valdepeñas e o centro da vila.

 

A temporada de viaxes de verán do Concello de Frades pecharase o vindeiro sábado 7 de outubro, cunha excursión á Festa do Marisco do Grove. O prezo é de 25 euros para persoas empadroadas e de 30 euros para non empadroadas (nenos/as ata 12 anos: 15 euros) e a data límite para anotarse é mañá venres 29 de setembro.