Versión en castellano
Inicio Novas Veciños e veciñas de Frades inician un curso de informática de 30 horas lectivas
Veciños e veciñas de Frades inician un curso de informática de 30 horas lectivas
Xoves, 21 Setembro 2017 00:00

CursosInformatica2017webUnha decena de veciños e veciñas de Frades veñen de iniciar un curso de informática de 30 horas lectivas, convocado polo Concello de Frades. Trátase dun curso no que o profesor se adapta tanto ao nivel como ás necesidades de cada alumno ou alumna para así ofrecerlle unha formación personalizada. As clases impartiranse todos os luns e mércores, en horario de 20:30 a 22:30 horas, na Aula de Informática do Concello de Frades.