Versión en castellano
Inicio Novas O Concello de Frades organiza un curso de defensa persoal para mulleres impartido por monitores da Academia Galega de Seguridade
O Concello de Frades organiza un curso de defensa persoal para mulleres impartido por monitores da Academia Galega de Seguridade
Mércores, 04 Outubro 2017 00:00

O Concello de Frades, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade e a Academia Galega de Seguridade, organiza un curso de defensa persoal para mulleres, que terá lugar os días 17 e 18 de outubro no edificio multiúsos de Frades en horario de tarde, que se decidirá de acordo coa dispoñibilidade das asistentes. A participación é totalmente de balde, se ben é preciso anotarse no Concello de Frades ou no teléfono 981 695 567 antes do 11 de outubro.


Este curso, de oito horas de formación teórico-práctica, será impartido por monitores da Academia Galega de Seguridade, profesionais que dominan tanto as técnicas de defensa persoal propiamente ditas como o contexto psíquico no que adoitan desenvolverse estes episodios, a lexislación na materia e todos os recursos á disposición das vítimas da violencia. Un curso de adestramento físico e psíquico das participantes que está dirixido a evitar no posible os enfrontamentos pero ensinando protocolos precisos para actuar ante unha eventual agresión.