Versión en castellano
Inicio Novas Veciños e veciñas de Frades rematan un curso de informática de 30 horas lectivas
Veciños e veciñas de Frades rematan un curso de informática de 30 horas lectivas
Mércores, 25 Outubro 2017 11:53

InformaticaFradesOutubrowebUnha decena de veciños e veciñas de Frades veñen de rematar un curso de informática de 30 horas lectivas, convocado polo Concello de Frades. Trátase dun curso no que o profesor se adapta tanto ao nivel como ás necesidades de cada alumno ou alumna para así ofrecerlle unha formación personalizada.


As clases impartíronse na Aula de Informática do Concello de Frades, en horario de 20:30 a 22:30 horas. O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, asistiu á última sesión do curso, onde felicitou ao alumnado polo seu esforzo e aproveitou para lembrarlle a ampla oferta formativa do Concello de Frades para este outono, que inclúe tamén actividades relacionadas coas novas tecnoloxías como o Curso de Manexo de Tabletas e Móbiles ou o Curso de Fotografía Dixital.