Versión en castellano
Inicio Novas O Concello de Frades organiza unha charla-coloquio sobre o coidado da pel
O Concello de Frades organiza unha charla-coloquio sobre o coidado da pel
Xoves, 09 Novembro 2017 00:00

charlapelwebO Concello de Frades, en colaboración con Todo Saúde Clínica Integral, organiza unha charla-coloquio médica titulada “A pel e os seus coidados”, que terá lugar o vindeiro xoves 23 de novembro, ás 17:00 horas, no multiúsos de Frades. A participación é totalmente de balde, se ben é preciso anotarse antes no Concello de Frades ou no teléfono 981 695 567 antes do 15 de novembro.

 

A charla será impartida pola doutora Omaira Tuirán Ruíz e tratará sobre dermatoloxía clínica e estética. Así, todas as persoas que asistan coñecerán consellos e tratamentos para o coidado da pel, como previr enfermidades, como protexerse do sol e, en xeral, como manter ou recuperar a saúde da pel. Uns consellos dirixidos tanto a nenos e nenas como a persoas adultas.