Versión en castellano
Inicio Novas 96 veciños e veciñas de Frades percorren a segunda etapa do tramo galego do Camiño de Santiago: Triacastela-Sarria
96 veciños e veciñas de Frades percorren a segunda etapa do tramo galego do Camiño de Santiago: Triacastela-Sarria
Luns, 20 Novembro 2017 20:00

CaminoFradeswebUn grupo de 96 veciños e veciñas de Frades participaron este sábado na segunda das sete etapas que os levarán a percorrer os 159 quilómetros do tramo galego do Camiño de Santiago. Unha iniciativa organizada polo Concello de Frades e que se desenvolverá ao longo dos próximos meses, sempre en sábado e dependendo da meteoroloxía.


O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, que acompañou aos peregrinos nesta segunda etapa na que cubriron os 24,6 quilómetros que separan Triacastela e Sarria, salienta o éxito de participación na iniciativa: “é unha actividade pensada inicialmente para un grupo de entre 20 e 50 persoas. Na primeira etapa reunimos 81 persoas e hoxe quince máis”.

 

A próxima etapa, Sarria-Portomarín (22,75 km), terá lugar o sábado 16 de decembro. As persoas interesadas en participar só teñen que anotarse no Concello de Frades ou chamando ao 981 695 567. O prezo por participante é de 10 euros.

 

As seguintes etapas, con data aínda por decidir, son: Portomarín-Palas de Rei (25 km), Palas de Rei-Arzúa (25,9 km), Arzúa-Pedrouzo (19,2 km) e Pedrouzo-Santiago de Compostela (19,9 km). O autobús sairá pola mañá do Concello de Frades (nunha hora a determinar segundo a etapa) e levará aos peregrinos ato o inicio da etapa e os recollerá no punto de finalización. Os excursionistas decidirán se levan comida da casa ou prefiren que se organice un xantar nun restaurante da zona.