Versión en castellano
Inicio Novas Unha ducia de veciños e veciñas de Frades participan na charla sobre o coidado da pel
Unha ducia de veciños e veciñas de Frades participan na charla sobre o coidado da pel
Luns, 04 Decembro 2017 00:00

CharlaPelwebUnha ducia de veciños e veciñas de Frades participaron na charla-coloquio “A pel e os seus coidados”, organizada polo Concello de Frades e impartida pola doutora Omaira Tuirán Ruíz, de Todo Saúde Clínica Integral. Unha charla na que a doutora analizou temas de dermatoloxía clínica e estética, onde as persoas asistentes recibiron consellos e tratamentos para o coidado da pel, como previr enfermidades, como protexerse do sol e como manter ou recuperar a saúde da pel.