Versión en castellano
Inicio Novas O Concello de Frades e Cáritas inician hoxe a campaña de nadal de recollida de alimentos para familias necesitadas
O Concello de Frades e Cáritas inician hoxe a campaña de nadal de recollida de alimentos para familias necesitadas
Martes, 12 Decembro 2017 00:00

campanaweb2017O Concello de Frades, en colaboración con Cáritas, pon en marcha hoxe e por cuarto ano consecutivo unha recollida de alimentos para as familias necesitadas do municipio. A campaña, que estará aberta ata o vindeiro 12 de xaneiro, busca recoller alimentos básicos: leite, aceite, azucre, pasta, arroz, legumes, conservas... que non estean caducados, non superen a data de consumo preferente e estean debidamente etiquetados.


Tras o éxito das tres primeiras recollidas, o alcalde de Frades, Roberto Rey, agradece por adiantado “a colaboración tanto da veciñanza como dos distintos establecementos e entidades implicadas neste importante labor que nos permitirá axudar ás familias máis necesitadas do municipio”. Este ano mantéñense os sete puntos de recollida establecidos o ano pasado: os supermercados Loli (Abellá) e Claudio e Tandy (Ponte Carreira), a Cooperativa Central de Frades, a farmacia de Abellá, o CPI Ponte Carreira e a propia Casa do Concello. O prazo de recollida dos alimentos estará aberto ata o 12 de xaneiro.

 

Durante as tres primeiras edicións recolléronse uns catrocentos quilos de alimentos por campaña. Agora, o Concello de Frades fai un novo chamamento á colaboración da veciñanza e pon á súa disposición os teléfonos dos Servizos Sociais municipais (981 695 567) e de Cáritas (647 120 228) para resolver calquera dúbida.