Versión en castellano
Inicio Novas A Conselleira do Medio Rural analiza co alcalde de Frades as posibilidades de mellorar as infraestruturas no concello
A Conselleira do Medio Rural analiza co alcalde de Frades as posibilidades de mellorar as infraestruturas no concello
Sábado, 09 Decembro 2017 00:00

mediorural2017webO alcalde de Frades, Roberto Rey, reuniuse esta mañá coa conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, para abordar as necesidades de renovación de infraestruturas rurais no municipio. Un encontro que tivo lugar en San Caetano no que ambos analizaron as fórmulas de colaboración para levar a cabo estas accións.

Así mesmo, o rexedor amosouse interesado na posibilidade de colaboración para conseguir nova maquinaria que posibilite a mellora das rozas e das limpezas das parcelas dentro do concello e, deste xeito, continuar traballando pola prevención dos lumes forestais. A titular de Medio Rural estudará tamén as posibilidades de colaboración neste sentido, dentro das ordes de axuda das que dispón a Consellería.

 

Roberto Rey explicou que “Frades ten unha rede viaria municipal de máis de seiscentos quilómetros de pistas e estradas, polo que estamos continuamente facendo actuacións de mantemento. Hai un mes rematamos de rozar todas as pistas de monte e antes de que finalice decembro teremos dada a terceira pasada ás pistas asfaltadas”. Unha intensa actividade que o Concello de Frades afronta tanto con recursos propios como con programas de colaboración doutras administracións.