Versión en castellano
Inicio Novas O Concello de Frades celebra mañá xoves a súa quinta Cabalgata de Reis, que rematará cunha gran festa no polideportivo de Ponte Carreira
O Concello de Frades celebra mañá xoves a súa quinta Cabalgata de Reis, que rematará cunha gran festa no polideportivo de Ponte Carreira
Mércores, 03 Xaneiro 2018 00:00

cabalgatafradeswebOs Reis Magos chegarán mañá xoves 4 de xaneiro a Frades, onde participarán nunha cabalgata polas rúas de Ponte Carreira e nunha gran festa de Reis no polideportivo municipal entre as 16:00 e as 20:00 horas. Unha iniciativa que terá lugar por quinto ano consecutivo, organizada polo Concello de Frades e coa colaboración da ANPA do CPI Ponte Carreira e da asociación folclórica Sarillo de Aiazo.


Se o tempo o permite, a Cabalgata de Reis partirá ás 16:00 horas da praza de Ponte Carreira e desfilará polo núcleo urbano. As Súas Maxestades estarán acompañadas pola música do grupo Sarillo e por varias mascotas. O desfile encamiñarase pola estrada AC-3802 cara ao pavillón polideportivo municipal de Ponte Carreira, onde está prevista a súa chegada ás 17:00 horas.

 

No polideportivo municipal terá lugar unha gran festa de Reis con inchables, animacións, xogos populares, lambetadas, mascotas e obradoiros. Así mesmo, repartirase chocolate e roscón de Reis entre todas as persoas participantes. No caso de que a choiva impida a celebración da cabalgata, todas as actividades trasladaranse directamente ao polideportivo municipal de Ponte Carreira.