Versión en castellano
Inicio Novas Máis de sesenta persoas participaron nunha gran festa de maxia con mascotas no Concello de Frades
Máis de sesenta persoas participaron nunha gran festa de maxia con mascotas no Concello de Frades
Martes, 02 Xaneiro 2018 00:00

MaxiaFradeswebMáis de sesenta persoas, entre elas máis de trinta nenos e nenas, participaron esta fin de semana nunha gran festa de maxia con mascotas organizada polo Concello de Frades e que tivo lugar no multiúsos de Cimadevila. Unha festa que contou coa actuación especial do Mago Dani, que deu paso a unha gran festa de aninovo con obradoiros de Nadal e a presenza de Mickey Mouse e Chase, da Patrulla Canina, que fixeron as delicias dos cativos e cativas presentes.