Versión en castellano
Inicio Novas O Concello de Frades celebra unha gran Festa de Nadal con Teatro Ghazafelhos na que participaron trinta nenos e nenas
O Concello de Frades celebra unha gran Festa de Nadal con Teatro Ghazafelhos na que participaron trinta nenos e nenas
Venres, 29 Decembro 2017 00:00

FestaNadalweb2017Un total de trinta nenos e nenas participaron na gran Festa de Nadal celebrada este martes no multiúsos de Frades. Unha festa que contou coa actuación especial de Teatro Ghazafelhos, que puxo en escena a obra “Bon Appetit”. Explosións, tortazos, persecucións, sustos... unha comedia que desfrutaron en familia as máis de sesenta persoas que se reuniron no multiúsos, que ademais redescubriron as bondades da cociña tradicional galega. A festa incluíu tamén un obradoiro de Nadal e merenda de balde para todos os nenos e nenas asistentes.


Mañá sábado 30 de decembro, ás 16:30 horas, o multiúsos de Frades acollerá a actuación do Mago Dani e unha festa de Aninovo con mascotas e obradoiros de Nadal. Unha iniciativa de participación gratuíta.