Versión en castellano
Inicio Novas O Concello de Frades organiza unha charla sobre as axudas Leader
O Concello de Frades organiza unha charla sobre as axudas Leader
Mércores, 24 Xaneiro 2018 00:00

O multiúsos de Frades acollerá este venres 26 de xaneiro, ás 20:30 horas, unha charla informativa sobre as axudas Leader na comarca de Ordes. Unha iniciativa organizada polo Concello de Frades e dirixida aos empresarios e empresarias do municipio xa que se informará das axudas para a creación, ampliación e modernización de pequenas empresas que pretendan realizar os seus investimentos en Frades. A asistencia é libre e de balde.


 

Entre os sectores beneficiarios destas axudas do Leader figuran empresarios/as autónomos e pequenas empresas que decidan investir nos seguintes sectores: transformación e comercialización de produtos agrarios e forestais, empresas do sector secundario (industriais ou transformadoras) e comercio (por xunto e polo miúdo) e servizos. A porcentaxe da axuda pode acadar o 50% do investimento, cun límite de 200.000 euros. Entre os gastos subvencionables figuran a construción e mellora de bens inmobles, maquinaria nova e equipamento, mobiliario e equipos informáticos, compra de terreos e inmobles (con limitacións) e custes xerais.