Versión en castellano
Inicio Novas O Concello de Frades pon á disposición da veciñanza “Frades informa”, unha APP gratuíta para recibir información municipal
O Concello de Frades pon á disposición da veciñanza “Frades informa”, unha APP gratuíta para recibir información municipal
Mércores, 31 Xaneiro 2018 18:15

portadafradesinformaO Concello de Frades vén de poñer en marcha “Frades informa”, unha APP gratuíta para dispositivos móbiles e tabletas que permitirá aos veciños e veciñas recibir de forma inmediata toda a información municipal de interese: bandos, anuncios e novas. A APP pode descargarse totalmente de balde na tenda de aplicacións de Google Play (buscando polo nome "Frades Informa") para os usuarios e usuarias da plataforma Android ou na App Store (procurar "Bandomovil") para os dispositivos con IOS de Apple.


Os veciños e veciñas que non teñan terminais compatibles, como as Blackberry ou os Windows Phone, poden acceder a toda esta información a través da web www.bandomovil.com/frades, especialmente adaptada a este tipo de teléfonos móbiles. Tamén se poderá acceder dende a páxina web do Concello de Frades.

 

“Frades informa” é unha aplicación moi sinxela de utilizar e está estruturada de forma que o veciño ou veciña poderá configurala e usala de acordo coas súas necesidades ou intereses. A primeira é a sección que dá nome á aplicación, “Frades informa”, que enviará á veciñanza notificacións emerxentes e instantáneas aos seus terminais móbiles sobre cinco categorías: cultura e ocio, horarios, servizos, novas e información xeral. Unha información que se complementa cunha axenda de actividades e cunha lista telefónica.