Versión en castellano
Inicio Novas Comeza en Frades un curso de Plantas Aromáticas e Medicinais con 26 participantes
Comeza en Frades un curso de Plantas Aromáticas e Medicinais con 26 participantes
Xoves, 01 Febreiro 2018 16:36

Cursoplantasmedicinais2web26 veciños/as de Frades participan na segunda edición do Curso de Plantas Aromáticas e Medicinais, organizado polo Concello e que terá no multiúsos municipal durante os sábados deste mes de febreiro. Un curso no que o alumnado aprenderá tanto os usos e aplicacións destas plantas aromáticas e medicinais como os métodos de cultivo, recolección e conservación.

 

O concelleiro de Medio Ambiente, Juan Carlos Portos Bra, participou este sábado na sesión inaugural do curso e desexoulles aos alumnos e alumnas que aproveiten as próximas sesións para coñeceren os principios activos e as partes útiles de plantas coma o perexil, o romeu, o tomiño, a menta, a salvia, o ourego ou a albáfega.