Versión en castellano
Inicio O Concello Historia
Historia PDF Imprimir Correo-e

Pazo de GalegosEste concello foi constituído en virtude do Decreto do luns 26 de decembro de 1836 (B.O. núm. 221 da provincia da Coruña). Na sesión plenaria do 24 de xullo de 1991 a Corporación aprobou o escudo municipal.

Tradicionalmente foi unha importante vía de paso entre Santiago de Compostela e Sobrado, o cal queda reflectido na súa historia, a través dunha vía romana que existiu nesa época, ou unha inscrición de 1690 que se conserva no Pazo de Galegos e que narra que aquí pasaron a noite dona Mariana de Neoburgo e o seu irmán. Carlos II, o seu esposo, concedeulles aos propietarios do pazo o “dereito de cadea” como mostra do seu agradecemento.