Versión en castellano
Inicio O Concello Localización
Localización PDF Imprimir Correo-e

O termo municipal de Frades atópase na provincia da Coruña, rodeado polos municipios de Ordes ao norte, Mesía ao nordeste, O Pino, Arzúa e Boimorto ao sur, e Oroso ao oeste. A súa historia está vinculada á súa situación de paso entre Santiago de Compostela e Sobrado.

A principal vía de comunicación que o atravesa é a N-634 que vai de Ribadeo a Santiago pasando por Curtis. Desde o lugar de Ponte Carreira a Santiago hai 27 quilómetros.

A autoestrada A-9 da Coruña a Santiago ten no enlace de Ordes entrada e saída á estrada de Ordes a Portovello e Lanzá, a tres quilómetros do termo municipal de Frades. A estrada de Ordes a Ponte Carreira atravesa a zona meridional do termo polas parroquias de Poulo, Galegos, Moar e Gafoi. Dela parten outras que enlazan con todos os lugares e aldeas do municipio. Segundo o nomenclátor, a capital municipal é San Mauro, escrito ás veces “Samauro”, pero a Casa Consistorial áchase nun lugar illado, próximo á aldea de Cimadevila e xunto a unha fermosa carballeira, na vía que une Ordes (13 quilómetros) con Ponte Carreira (5 quilómetros).

Desde as proximidades da Casa Consistorial arranca outra estrada a Sigüeiro (19 quilómetros).

Distancia coas principais cidades por estrada:

  • A Coruña: 40 km
  • Ferrol: 67 km
  • Lugo: 72 km
  • Ourense: 110 km
  • Pontevedra: 94 km
  • Santiago de Compostela: 28 km
  • Vigo: 118 km

Para descargar mapa da Rede Viaria de Frades pincha aqui