Versión en castellano
Inicio O Concello Saúdo do alcalde
Saúdo do alcalde PDF Imprimir Correo-e

 Pinche en la foto para ver pantalla completa.

 

Estimados veciños e veciñas: 

 

Como alcalde de Frades, quérovos dar a benvida a esta páxina web, que pretendemos que sexa un punto máis de información e de encontro para todos os veciños e veciñas do concello e que tamén se converta nunha porta aberta de Frades cara o mundo, de xeito que calquera internauta poida coñecer todo o que ddesexe sobre a nosa historia, cultura, parroquias, aldeas, natureza... Ademias, tamén vos teremos informados permanentemente do día a día en Frades, a través das distintas convocatorias de actividades culturais, deportivas e sociais.

 

A través das diferentes seccións que compoñen esta páxina poderedes descubrir un concello que se esforza por darlles aos seus veciños e visitantes os mellores servizos. Un lugar de natureza privilexiada e habitado por xentes de carácter aberto e xeneroso.

 

Nesta páxina atoparedes toda a información que precisedes para estar ao día do que acontece no municipio. E, pensando xa no futuro, buscaremos tamén que estas novas tecnoloxías servan para vos facilitar o máximo posible aquelas xestións que teñades que facer co Concello. O obxectivo final é que poidades facer a maior parte dos trámites a través da Internet, ben dende as vosas casas, ben dende os ordenadores dispostos nos locais sociais.

 

Queremos que esta páxina sexa vida e reflicta o día a día de Frades, polo que tamén tendes á vosa disposición un servizo de atención no que podedes expresar as vosas inquedanzas e opinións. Sen máis, invítovos a descubrir esta nova ferramenta, que tendes ao voso servizo e que esperamos que vos sexa de uutilidade.

 

Benvidos/as a todos/as.

 

Roberto Rey Martínez
Alcalde de Frades