Versión en castellano
Inicio O Concello Xeoloxía e clima
Xeoloxía e clima PDF Imprimir Correo-e

O relevo das terras de Frades é suave, sen grandes contrastes, con altitudes que van dos 280 ata os 441 metros no límite con Mesía e unha lixeira inclinación cara ao sueste. O río Tambre marca o seu límite meridional e o seu afluente o Samo fai de fronteira con Ordes.

Posúe unha extensa rede hidrográfica que favorece os cultivos de herbáceas. Algúns dos ríos que discorren dentro dos límites do concello son o Maruzo, o Samo, o Gaiteiro, o Mostás e o Pío.

O clima é tépedo, oceánico e húmido, con precipitacións anuais por enriba dos 1.400 milímetros e unha temperatura media anual de 12 ºC. O mes máis chuvioso é o de decembro e o máis seco, o de xuño, que con xullo e agosto padecen certa seca.

 

Consulta a previsión meteorolóxica en:

www.meteogalicia.es
www.aemet.es