Versión en castellano
Inicio Servizos ao cidadán Servizos Sociais
Servizos sociais PDF Imprimir Correo-e

Os Servizos Sociais de Atención Primaria Municipais, constitúen o nivel máis próximo ó usuario e son a vía normal de acceso ó sistema de Servizos Sociais.

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Frades traballa para mellorar a calidade de vida e a participación na sociedade de todas as persoas e grupos da comunidade. As iniciativas desenvolvidas inciden especialmente na cidadanía que sofre algún tipo de carencia, marxinación ou desatención.

Os programas de actuación básica son:

Programas de orientación, asesoramento e información

Ten por obxecto informar á poboación sobre os dereitos e recursos en materia de servizos sociais, así como orientar e asesorar as persoas e grupos afectados por problemáticas específicas, diagnosticar a  situación e derivalos, se é necesario, aos servizos sociais de atención especializada.

Axuda a domicilio

O programa de axuda no fogar ten por obxecto prestar un conxunto de atencións desde unha perspectiva integral e normalizadora ós cidadáns no seu domicilio, naquelas situacións nas que teñen limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desintegración familiar, facilitando a permanencia no seu propio entorno de convivencia e evitando así a súa posible institucionalización.

Este servizo pódese complementar co programa de TELEASISTENCIA (permítelles ás persoas maiores, ao premer un botón, entrar en contacto verbal “mans libres” cos operadores/as dun centro de atención as 24 horas do día, todos os días do ano),  e mais co programa XANTAR NA CASA (elaboración das comidas que serán levadas ao seu fogar).

Prevención da marxinación. Inserción social

Consiste en previr situacións de marxinación, as súas causas e a integración e participación no medio social das persoas ou grupos desfavorecidos.

Programa de Animación, prevención e cooperación social

Consiste en potenciar a participación de persoas e grupos na vida comunitaria fomentando a iniciativa social, solidariedade, asociacionismo e voluntariado, así como favorecer a toma de conciencia dos cidadáns sobre os seus problemas.

Outros programas e axudas son:

  • Programa de alimentos en colaboración con Banco de Alimentos.
  • Programa de 3ª Idade, Ocio e Tempo Libre.
  • Axudas económicas para Transporte e Material Escolar.
  • Servizo de Atención Temperá.
  • Tarxetas de estacionamento para minusválidos.
  • Servizo de Atención á Persoa.
  • Prevención de Drogodependencias
  • Atención á Dependencia.
  • Preescolar na Casa