Versión en castellano
Inicio Servizos ao cidadán Xulgado de Paz
Xulgado de Paz PDF Imprimir Correo-e

O Xulgado de Paz, ao servizo de toda a cidadanía de Frades, brinda a súa axuda e asesoramento.

O Xulgado de Paz está composto por:

  • Xuíz de paz
  • Secretario do xulgado.

Servizos do Xulgado de Paz:

  • Celebración de actos de conciliación.
  • Toma de declaracións, citacións para os xuízos e comunicacións doutros xulgados.
  • Coñecemento, resolución dos xuízos e execución de sentenzas por faltas tipificadas nos artigos 626, 630, 632 e 633 do Código penal, así como das faltas tipificadas no artigo 620, 1º e 2º do mesmo código, agás cando o ofendido fose algunha das persoas ás que se refire o artigo 153 de mesma lei. Poderán intervir igualmente en actuacións penais de prevención, ou por delegación, e naqueloutras que sinalen as leis.
  • Coñecemento en primeira instancia dos asuntos civís de contía non superior a 90,15 € (quince mil pesetas), salvo as demandas con fundamento na falta de pagamento da renda ou cantidades debidas polo arrendatario, sexa cal sexa a súa contía.
  • Celebración de matrimonios civís.
  • Funcións de rexistro civil e as demais que a lei lle atribúa, inscribíndose nel os feitos concernentes ao estado civil das persoas: nacemento, filiación, nome e apelidos, emancipación e habilitación de idade, declaracións de ausencia e falecemento, nacionalidade e veciñanza, patria potestade, defuncións e matrimonios, así como as súas inscricións marxinais en caso de nulidade, separación ou divorcio e indicacións sobre réxime económico. Expedirá así mesmo as fes de vida e estado e as certificacións correspondentes ás inscricións realizadas.
  • O xuíz de paz pode ser membro da Xunta Electoral de zona, recibíndose no xulgado a documentación e entregándolla á Xunta Electoral que deba de realizar o escrutinio.