Versión en castellano
Inicio Turismo Caza e pesca
Caza e pesca PDF Imprimir Correo-e

Caza

O couto de caza está adaptado ao novo plan de ordenación cinexético. O couto Club de Cazadores de Frades, con matrícula C-10115, foi constituído o 3 de novembro de 1983, cunha superficie de 7.360 hectáreas. O 23 de marzo de 2001 acordouse a fusión do couto de Añá. O número total de socios é de 325 cazadores.

Abunda a caza menor (coello, lebre e perdiz) e a caza maior (xabaril e corzo). As zonas de adestramento intensivo comprenden 300 hectáreas e as de vedado 976 hectáreas. Os días de caza dependen do acordo da Asemblea Directiva Xeral.

Pesca

O concello atópase na parte superior do río Tambre, que discorre de leste a oeste e forma o límite do sur do termo de Frades. Súcano afluentes como o río Maruzo, o Samo e o Gaiteiro. Estes ríos, de curso pouco encaixado, percorren amplos vales. Son abundantes en troita e teñen unha altitude entre 280 e 440 metros.