Versión en castellano
Inicio Turismo Natureza
Natureza PDF Imprimir Correo-e

Concello de Frades - Naturaleza

O verde é a cor de Frades, especialmente a dos seus prados. Os seus fermosos ríos percorren este concello dándolle unha beleza sen igual, o que fai deste lugar unha terra para descubrir no interior de Galicia.

Varias áreas recreativas invitan ao descanso e ao lecer, permitíndolles aos visitantes gozar da natureza en estado puro. Dous están ao lado do Tambre,e unha ao lado do Samo.

OS PASOS

Podemos atopala en Aiazo. Eta area recreativa e unha das mais fermosas do concello, e conta con varios servizos como Taberna, baños, parque, e incluso unha pista polideportiva inaugurada recentemente. Esta area conta tamén con varias barbacoas e innumerables mesas, así como unha ponte cruzando o río Tambre, e un paisaxe que invita o paseo. Podemos encontrar aquí tamén o inicio da ruta de sendeirismo.

pinche nas fotos para ver pantalla completa.

A PRESA

Outra area encontrámola na Ponte Carreira, A Presa. Aquí encontrámonos, convertida en praia fluvial, con unha presa histórica, unha das mais grandes que podemos atopar sobre o río Tambre. Tamén nos atopamos alí con unha fonte, así como con varias mesas e unha barbacoa. Podemos gozar de unha paisaxe de gran beleza así como das augas do Tambre percorrendo a presa.

pinche nas fotos para ver pantalla completa.

PONTE CARBALLA

O lado do Samo, encontramos, na parroquia de Abellá a area recreativa de Ponte Carballa. Alí encontramos o paseo bordeando o río, no que podemos encontrar un antigo muíño. Esta area dispón de varias mesas así como barbacoas e un parque para os mais cativos. Cabe dicir que as súas carballeiras fan do lugar unha paisaxe indescritible.

pinche nas fotos para ver pantalla completa.

 

En canto a natureza se refire tamén podemos destacar fermosos espazos naturais que posúe o concello.

 

MUIÑO DO MESÓN

Situado no núcleo da Ponte Carreira, atopamos sobre o río Lamelo un antigo muíño restaurado. Tamén atopamos alí unha ponte Romana sobre o río Tambre. A dereita do muíño atopamos un espazo con mesas, e un lavadero.

pinche nas fotos para ver pantalla completa.

A GAITEIRA

Na parroquia de Frades, cun manto de árbores de fondo, atopamos A Gaiteira, onde podemos disfrutar de un espazo natural acompañado de mesas, situado o lado do río Gaiteiro.

pinche nas fotos para ver pantalla completa.

MUIÑO DE CAMPODURO

O muíño de Campoduro, esta situado sobre o río Maruzo con un fermoso canal, na parroquia de Céltigos. Foi restaurado e actualmente encóntrase funcionando. Un camiño de pedra percorre a zona na que nos atopamos con varios bancos, nos que podemos gozar da súa paisaxe.

pinche nas fotos para ver pantalla completa.

AS VIRTUDES

Atopamos na parroquia de Vitre, nun lugar apartado rodeado por grandes carballeiras, As Virtudes, na honra a nosa Señora das Virtudes, capela que podemos atopar alí. Esta zona a característica por unha festa de campo celebrada todos os anos na zona. Cabe destacar a súa gran amplitude, así como a cantidade de mesas que alí atopamos. Tamén podemos atopar un cuberto con barbacoas e unha fonte.

pinche nas fotos para ver pantalla completa.

SAN NICOLAO

Situado na parroquia de Frades, e rodeado de montes, esta San Nicolao, lugar onde se celebran dúas festas importantes no concello, San Nicolao, e San Miguel. Alí atopámonos, con unha carballeira que rodea unha capela na honra a San Nicolao, e como outros espazos naturais conta con gran cantidade de mesas.

pinche nas fotos para ver pantalla completa.

SAN ROQUE

Encóntramolo na parroquia de Moar, con unha capela na honra a San Roque. Neste fermoso lugar atopamos unha fonte, e numerosas mesas e barbacoas. Característico por a súa tranquilidade e innumerables sombras.

pinche nas fotos para ver en tamaño maior.

PISCINA

Tamén atopamos o lado da piscina municipal, na parroquia de Papucín, outro espazo con mesas e barbacoas, bordeando o río Gaiteiro. Neste lugar contase con todos os servizos adicionais que pode ofrecer a piscina tales como, bar, vestiarios, pista de padel, parque e un fermoso paseo bordeando o río.

 

Son catro os ríos que percorren Frades, O Samo, O Tambre, O Gaiteiro, e O Maruzo. Rutas de sendeirismo sinalizadas percorren as canles dos seus ríos, penetran en frondosas carballeiras e atravesan profundas valgadas.