Versión en castellano
Inicio Turismo Patrimonio
Patrimonio
  • Igrexas   ( 12 Artigos )

    IGREXAS

     

    O concello de Frades conta con 12 igrexas, entre elas encontramos todo tipo de estilos arquitectónicos, dende a máis antiga, a igrexa de Gafoi, de estilo Románico, ata a igrexa parroquial de Abellá contruída no ano 1971. A continuación poden ver as igrexas así como unha pequena descripción de cada unha de elas, pinchando encima do título.

  • Ermidas   ( 6 Artigos )

    ERMIDAS

     

    Son seis as Ermidas que podemos encontrar en Frades, cada unha de elas posúe o seu encanto especial. Todas elas están situadas en un contorno de gran beleza, afastado de ruidos, e rodeado de arboredas. Moitas de elas teñen o seu carón fontes, algunhas moi famosas como a Ermida de Augas Santas, donde moitas son as persoas que se acercan a recoller auga, por ser esta moi coñecida.  Estas Ermidas son coñecidas por as grandes festas que se celebran na súa honra, e grande e o número de persoas que acoden a elas.

    Poden verse pinchando no título.

  • Cruceiros   ( 17 Artigos )

    CRUCEIROS

     

    Atópanse sinalando a proximidade das igrexas e dangunhas capelas. Nesta zona non son moi abundantes nin de calidade especial. Destaca un cruceiro en particular situado en Lardeiros, un lugar do concello do Pino, que data aproximadamente do ano 1700. No seu pedestal hai unha inscripción difícil de interpretar. O seu fuste e capitel teñen as formas típicas das correntes estilísticas da época, planos rectos e xeométricos do neoclasicismo expandido desde Compostela. A cruz, en cambio, é puramente barroca: paus que imitan troncos de árbore conservando os troncos de ramas podadas, unha ben tallada Piedade co fillo morto nos seus brazos e o crucificado moi separado da cruz. 

    Poden verse pinchando no título.

  • Pazos   ( 3 Artigos )

    Pazos

    Algúns dos pazos que se estenden por este territorio son un claro exemplo do estilo neoclásico galego dos séculos XVIII e XIX: Casa do Fogueteiro, en Aiazo; Casa de Botana, en Cimadevila; Casa do Cruceiro, en Añá; Pazo do Peñasco, do século XVII; Pazo de Galegos, de estilo renacentista construíuse no século XVII. 

    Poden verse pinchando no título.

  • Museos   ( 1 item )

    Museo Etnográfico de Frades.

     

    O campo galego de hoxe só se pode explicar a través da súa historia. Ata mediados do século pasado permaneceu nun estado de profundo atraso económico e tecnolóxico. Saír del foi un lento e difícil proceso. Este museo é unha homenaxe ás mulleres e homes de Frades que fixeron posible esa superación e, en xeral, a tantas xeracións de galegos e galegas aos que lles debemos o noso actual benestar. O Museo Etnográfico de Frades reúne moitos dos útiles e ferramentas do campo e do fogar que foron os seus compañeiros cotiáns na fatiga e no descanso, na dura xornada de traballo e na vida familiar.

    Paga a pena velo, poden ver un adianto pinchando no título.