Versión en castellano
Inicio Turismo Patrimonio Ermidas Ermida de Augasantas
Ermida de Augasantas

pinche encima da foto para ver pantalla completa.

Ermida de Augasantas

Está situada na parroquia de Céltigos. Esta ermida de reducidas dimensións presenta unha planta en “L” adaptada á lixeira pendente do terreo. Posúe tres entradas, unha na parte frontal en forma de arco, outra no lateral dereito e a outra, no extremo do brazo curto, precedida por un pequeno soportal sostido por piares de cachotería.

A estructura dos muros é tamén de cachotería revestida e pintada, con pezas de cantería encintada en esquinas e vans, sendo estes últimos pouco abondosos. A cuberta é de tella a dúas augas. Resulta peculiar a presencia da campá no mesmo eixo que a porta principal, sostida por unha estructura metálica no lugar da espadana tan frecuente nas construccións relixiosas desta zona.

O seu estado de conservación é bo e sitúase nun contorno rural rodeada de árbores e facendo conxunto cunha fonte, estreitamente vinculada á ermida. É de interese, xa non tanto polo seu valor arquitectónico como pola súa privilexiada situación.