Versión en castellano
Inicio Turismo Patrimonio Ermidas Ermida de San Roque
Ermida de San Roque

pinche na foto para ver pantalla completa.

Ermida de San Roque

Situada na parroquia de Santaia de Moar. Do mesmo xeito que as citadas con anterioridade, a ermida de San Roque, encóntrase nun contorno de grade atractivo, no medio dunha carballeira na que se celebra a romaría e na que tamén se levanta un palco da música de moderna construcción.

Posúe planta rectangular cunha soa nave, pero composta por tres corpos a diferente altura, o cal produce un xogo de volumes cúbicos no exterior, sendo de maior altura o corpo central. Trátase dunha construcción de dimensións reducidas, e nela ábrense poucos vans. Os muros son de cachotería á vista e a cuberta de tella, nos corpos dianteiro e posterior a dúas augas e no central a catro.

Como peculiaridade, cabe menciona-la presencia da espadana desprazada cara a un lado, en lugar de encontrarse no eixo central da fachada principal, no que se dispón a porta, carente de elementos decorativos, e un pequeno van que alberga a imaxe de San Roque, santo ó que está dedicada a capela. No mesmo eixo, e como remate da cumieira, unha cruz, e nun lateral a xa citada espadana, de dous arcos e remate en pináculos.