Versión en castellano
Inicio Turismo Patrimonio Ermidas Ermida de San Paio de Aña
Ermida de San Paio de Aña

pinche encima da foto para ver pantalla completa.

Ermida de San Paio de Añá

Situada na parroquia de Añá. A sinxeleza e pequenas dimensións, así como a súa situación nun contorno natural illado, son características en común coas outras ermidas do termo. É de planta rectangular dunha soa nave cun pequeno engadido lateral de forma tamén rectangular que fai as funcións de sancristía e que tamén ten entrada desde o exterior. Unha inscrición da fachada revélanos o seu ano de construcción, o 1907.

Construída en cachotería, aínda conserva o revoco nalgunhas partes. A fachada está sen recebar, coa cachotería á vista, e segue o reiterado esquema pentagonal, aínda que a menor escala, con porta, van e espadana dun só arco rematada en pináculos e cruz, nun mesmo eixo central, e acroterios nos extremos superiores.

Presenta cuberta de tella curva a dúas augas. Non posúe vans agás a pequena fiestra enriba da porta, que é a única que proporciona luz á nave. En torno a ela celébranse unha romaría popular á que acoden devotos dos lugares veciños.