Versión en castellano
Inicio Turismo Patrimonio Ermidas Ermida de San Nicolao
Ermida de San Nicolao

pinche na foto para ver pantalla completa.

Ermida de San Nicolao

Situada na parroquia de Frades, rodeada por unha carballeira, como outras da zona, e situada nun alto dende o que se pode admirar unha panorámica sobre a comarca. Forma conxunto cun campo de festas e un cruceiro.

A súa estructura constructiva resúmese na presencia de muros de cachotería revestida de pintura branca cun zócolo azul e cuberta tradicional a dúas augas con armazón de madeira e tella. Os vans, que son escasos, están enmarcados por pezas de cantería.

A planta e rectangular coa parte da cabeceira lixeiramente máis baixa, que no exterior produce un xogo graduado de volumes. A fachada presenta o esquema tan repetido nas igrexas do concello, que concentra os elementos principais nun mesmo eixo lonxitudinal central: a porta, unha fiestra, ámbalas dúas carentes de elementos decorativos, e a espadana, neste caso dun só van sen campá e rematada en pináculos con bólas – únicos ornamentos da construcción.

Nela celébranse o San Miguel, festivo local do concello, e coñecido por os seus xantares no campo da festa.