Versión en castellano
Inicio Turismo Patrimonio Ermidas Ermida da nosa Señora das Virtudes
Ermida da nosa Señora das Virtudes

pinche encima da foto para ver pantalla completa.

Ermida da nosa Señora das Virtudes

Situada nun contorno natural, nunha carballeira e cunha fonte nas proximidades, na parroquia de Vitre.

A planta, que vén condicionada polo terreo irregular e en pendente, é rectangular cun corpo engadido no lateral da cabeceira, que lle confire un aspecto en “L”. No alzado presenta dous corpos graduados en altura, producindo un xogo de volumes que outorga maior dinamismo ó conxunto. As cubertas son de tella curva a dobre vertente e os vans moi escasos.

A decoración redúcese a unha espadana en dobre altura, con pináculos ornamentais e unha cruz pintada no alzado lateral dereito. A fachada segue o esquema común á zona: porta, van e espadana nun mesmo eixo lonxitudinal central. Encóntranse en bo estado, dada a súa recente restauración, cos parámetros revocados en branco e as esquinas e marcos dos vans formados por pezas de cantería á vista.

Nela celébrase unha concorrida romaría popular, na honra a Nosa Señora das Virtudes.